FEDER (FONDO EUROPEO DE DESARROLLO REGIONAL)

Programa InnovaPEME 2020. Plans de innovación para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes

Management Operativo 3.0 S.L. participa no Programa InnovaPEME 2020 (Procedimiento IN848D)

Operación cofinanciada pola Unión Europea.

Programa Operativo FEDER Galicia 2014 – 2020

Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.

Unha maneira de facer Europa

DESCRICIÓN DO PLAN:

1. Obxectivos do plan:

O plan de innovación 2020-2021 de Management Operativo 3.0 S.L. persegue a formulación de accións concretas, en colaboración con outras entidades, de xeito que permita mellorar a súa competitividade e crecer economicamente.
Por este motivo, defínense os seguintes obxectivos específicos aos que se buscará dar resposta a través da execución das medidas previstas neste plan de innovación:

  • O.1. Sistematizar a xestión da I+D+i da empresa. Proporcionar as directrices para organizar e xestionar eficazmente a I+D+i na empresa.
  • O.2. Definir a estratexia de innovación da empresa.
  • O.3. Identificar as principais tendencias de innovación do sector relevantes para o crecemento económico da empresa, a xeración de emprego, o desenvolvemento territorial a través da prestación de servizos a entidades clientes do noso territorio e da colaboración con outros axentes tales provedores, plataformas tecnolóxicas, asociacións empresariais, etc.
  • O.4. Fomentar o diálogo con outros axentes/actores (universidades, institucións, empresas) buscando solucións conxuntas que favorezan o fortalecemento da empresa mediante colaboracións público-privadas, alianzas internacionais e/ou a atracción de inversores.
  • O.5. Lograr maior cantidade de recursos de cara o desenvolvemento de proxectos de I+D+i.
  • O.6. Implantar melloras significativas nos procesos a través da incorporación de novas metodoloxías así como da incorporación de ferramentas TIC que permitan coñecer os parámetros da operativa.
  • O.7. Implementar novos métodos na organización do traballo a través da creación de grupos de mellora multidisciplinais co fin último de xerar esa Big Idea que os levará ao éxito ou á solución dos pequenos problemas diarios de forma imaxinativa.

2. Resultados esperados das actividades do plan:

Actividade 1: O resultado esperado é a confección dun documento que contemple o mapeado dos procesos da empresa, descrición das actividades que o compoñen e un cadro de mando para a sua monitorización.
Todo iso deberase traducir nunha redución dos prazos de entrega, incremento da produtividade, mellora da calidade, incremento do volume de ventas e incremento da facturación. En definitiva, unha mellora substancial da nosa competitividade no mercado.

Actividade 2: O resultado desta actividade é a implementación dun software que permita as seguintes funcionalidades:

  • Automatización dos procesos.
  • Almaceamento dos datos cos que se irá traballando.
  • Análise dos datos
  • Interconexión autónoma dos sistemas do proceso entre sí.
  • Transformación hacia a prestación de servizos.
  • Mellorar os nosos produtos e servizos mediante a análise dos datos obtidos durante o seu uso por todos os clientes.

O maior potencial económico provirá fundamentalmente da mellora da produtividade, optimizando as operacións.

Isto faríase realidade a través do aforro da enerxía e da mellora da eficiencia na man de obra. Ademais, outras melloras serían a optimización dos procesos de innovación e a mellora da saúde e a seguridade dos traballadores.

Actividade 3: O resultado desta actividade será a posta en marcha dunha plataforma CRM responsive, baseada nun servidor ao cal se poderá acceder dende calquera ubicación.

Actividade 4: Documento ‘Protocolo de vixilancia tecnolóxica’.

Impacto esperado na empresa: apertura de novas comunicacións con potenciais socios, incremento de proxectos colaborativos, incremento do impacto das iniciativas de I+D+i da empresa.

Actividade 5: Catálogo de liñas de financiamento, incentivos e/ou deducións fiscais.

Actividade 6: Como resultado desta actividade, espérase obter novos materiais con novas características e funcionalidades, tanto para a división de vivendas como para a división de obra mariña, que teñan como resultado un incremento da eficiencia, resistencia e sostibilidade das estruturas e procesos, facéndonos mais competitivos no mercado.

3. Mellora competitiva polos resultados obtidos no plan:
3.1 Avances en innovación en materia de procesos, segundo o expresado no artigo 5.b.2 da convocatoria:
Dende a constitución de Management Operativo 3.0, o noso equipo estivo centrado fundamentalmente na creación de novos produtos e servizos e na súa comercialización. Sen embargo, a través do informe Innobench saíu á luz a nosa necesidade de prestar unha maior atención aos nosos procesos.

Por tal motivo, Management propón no presente plan, unha serie de actividades innovadoras en materia de procesos, co fin de incrementar a eficiencia e a produtividade dos mesmos. Estas actividades axudarán a Management a desmarcarse dos seus competidores ao mesmo tempo que progresa na mellora da calidade dos seus produtos e servizos, grazas ao estudo, análise, automatización e optimización dos seus procesos.

Para isto, iniciaremos unha transformación dixital dos nosos servizos a través do desenvolvemento e implementación dunha novidosa ferramenta TIC, apostando por un cambio radical na nosa forma de traballar, que supoñerá unha total reelaboración dos nosos procesos. O software a desenvolver permitiranos organizar e interconectar os sistemas produtivos, automatizar os procesos e almacenar unha gran cantidade de datos de traballo.

Aínda que o impacto real destas actividades non é facilmente predicible, estímase que a implementación destas innovacións nos nosos procesos supoñerá:

· Aumento no rendemento dos nosos procesos.

· Aforro en tempo, recursos e custos.

· Incremento da produtividade.

Estes avances innovadores, axudaranos a mellorar a calidade dos nosos produtos e a ofrecer un servizo innovador e diferenciador aos nosos clientes, permitíndonos ser mais competitivos nun mercado cada vez mais en liña coa Industria 4.0., no que a dixitalización e automatización de procesos son aspectos claves.

3.2 Avances en materia de organización, segundo o expresado no artigo 5.b.3 da convocatoria:

A innovación non pode só responder ao feito de mellorar procesos, se non que tamén se debe aplicar á organización da propia empresa, a través da planificación da organización, as tarefas, relacións internas e externas, etc. Por iso, resulta de gran importancia aplicar mecanismos e unha base de traballo que teña en conta a innovación no seu desenvolvemento, como poden ser, por exemplo, novos softwares de apoio a xestión empresarial, novos métodos de comercialización ou novas formas de contacto cos clientes a través de aplicacións.

Unha das necesidades que se detectaron a través do informe Innobench, foi a de facernos mais accesibles aos nosos clientes, mellorando as vías de comunicación con eles e fomentando o feedback. Hoxe en día, grazas ás posibilidades que nos ofrece a tecnoloxía no ámbito da organización e comercialización, é posible mellorar substancialmente a nosa relación cos clientes a través de diferentes vías de comunicación, incrementando a nosa produtividade. De feito, a innovación neste campo faise cada vez mais importante para as empresas, especialmente para as pequenas e medianas, que teñen mais dificultades para abrirse camiño e crecer. É necesario recalcar a gran importancia deste aspecto especialmente na actualidade, debido á situación que estamos a atravesar con motivo da crisis do Covid-19, que fai imprescindible que as empresas de servizos se adapten á nova normalidade, adoptando os cambios e melloras que resulten necesarios na súa forma de traballo.

Por este motivo, Management Operativo 3.0 formula unha serie de accións en materia de organización no presente plan de innovación, resultando especialmente novidoso o desenvolvemento da plataforma CRM responsive proposta na actividade 3 del plan. Esta plataforma incorporará unha serie de funcionalidades que supoñerán un novo método de organización das nosas prácticas comerciais, cambiando totalmente a forma de relacionarnos e comunicarnos cos nosos provedores e clientes e de xestionar todo o proceso comercial. Ademais, a plataforma será accesible para todos os eslabóns do proceso, dende calquera localización, permitindo unha comunicación e coordinación constante entre eles. A través destas funcionalidades, os nosos empregados poderán traballar de forma mais eficiente, ofrecendo un servizo totalmente axustado ás necesidades de cada un dos nosos clientes.

A través do desenvolvemento e implementación desta nova plataforma, espéranse os seguintes resultados:

· Aumento da produtividade dos traballadores.

· Redución dos desprazamentos e prazos de entrega.

· Incremento de datos e información útil recompilada.

· Aumento da satisfacción dos nosos clientes co servizo proporcionado.

Estas melloras en materia de organización permitiranos ser mais produtivos e eficientes na comercialización dos nosos produtos, a través dunha mellor relación cos provedores e clientes, ademais de obter un feedback que servirá para mellorar continuamente as nosas prácticas comerciais. Ademais, a aposta por un método de comunicación telemática, permitiranos incrementar a nosa competitividade nun sector no que actualmente todo o proceso comercial é moi presencial, especialmente agora, nunha nova normalidade no que priorizar unha relación segura, tanto con provedores coma con clientes, é fundamental.

3.3 Apertura de novos mercados e internacionalización da actividade empresarial:

A internacionalización é un instrumento que permite optimizar a competitividade das empresas aproveitando as oportunidades da crecente integración dos mercados. Isto supón un importante reto para os empresarios, debido a que para poder competir eficazmente deben ofrecer garantía de calidade e trazabilidade, ademais de ser capaces de orientar a súa produción aos mercados con maior crecemento. A competencia en mercados internacionais favorece ao crecemento das empresas e obrígaas a innovar, mellorando con iso a recuperación económica e afianzando o seu posicionamento.

Concretamente, para as empresas de servizos, as novas tecnoloxías e internet son un elemento clave no proceso de internacionalización, xa que estas revolucionaron a capacidade de transmitir, acumular e procesar información. Os servizos intensivos en interacción co cliente requiren, ben a presencia da empresa no mercado consumidor/cliente ou ben a utilización intensiva das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). As innovacións nas TIC está a permitir comerciar con servizos que antes non podían ser obxecto de transaccións internacionais pola necesidade de ser ofrecidos/producidos onde eran demandados.

De acordo cos retos estratéxicos establecidos por Management nos últimos anos, a empresa está levando a cabo un esforzo comercial para a apertura de novos mercados internacionais a través de diferentes accións, como o desenvolvemento e implementación de diferentes ferramentas TIC, propostas nas actividades 2 e 3 do presente plan de innovación, que nos permitirán poder ofrecer os nosos produtos e servizos a nivel internacional, de xeito que poderemos ampliar a nosa carteira de clientes e realizar unha cantidade significativa de proxectos internacionais, que nos axudarán a ser mais competitivos dentro do sector.

A tendencia actual dos mercados internacionais á Industria 4.0 fai imprescindible manterse informado e actualizado en canto as novas tecnoloxías empregadas na optimización e mellora de procesos industriais, así como dos propios produtos, co fin de ofrecer constantemente produtos e servizos competitivos e manter a nosa presenza nestes mercados. Por este motivo, Management considera que esta área debería ser unha das prioritarias na actividade de Vixilancia Tecnolóxica, de maneira que poida dar lugar a unha nova carteira de proxectos colaborativos que permitan cooperar con outros axentes do sector e obter novas liñas de produtos e servizos de calidade axustados ás necesidades dos clientes e que nos permita acceder a novos nichos de mercado. Por outro lado, todos estes mercados son moi competitivos, polo que, ademais da calidade dos produtos e servizos, tamén prima o prezo final dos mesmos, polo que a innovación na optimización e mellora dos procesos e a redución na utilización de recursos xogan un papel moi importante neste aspecto.

Neste sentido, Management estableceu como obxectivo interno de crecemento que os proxectos realizados a nivel internacional grazas ao desenvolvemento de actividades de innovación. Este obxectivo só poderá ser conseguido grazas ás actividades contempladas neste plan.

es_ESSpanish